Agora gratis

Un xesto para iniciar carga

Carteira ou chaves?

Elixe como levar contigo a túa eZCard ou o teu eZTag e ten sempre a man a túa forma de iniciar carga.

Úsaa en Zunder e en miles de puntos de carga compatibles por toda Europa. Unha soa app, sen máis rexistros.

Pídeo gratis na app

O formato cambia. A función é a mesma.

eZCard

eZCard

Vai na carteira.

Se sempre levas carteira, a túa eZCard sempre vai contigo. Achégaa ao punto de carga e inicia a carga.

eZTag

eZTag

Vai nas chaves.

Se sempre levas chaves, o teu eZTag sempre vai contigo. Achégao ao punto de carga e inicia a carga.

A túa forma de iniciar carga

Un xesto, e a carga comeza.
En Zunder e en miles de puntos de carga compatibles por toda Europa.

Chegas ao punto de carga, achégas a túa eZCard ou o teu eZTag e a carga comeza.

E non só en Zunder. A túa eZCard ou eZTag funciona en miles de puntos de carga doutras redes por toda Europa, sen necesidade de rexistrarte noutras plataformas nin descargarte máis apps.

Mírao en acción

Así de doado é iniciar a carga

Ti controlas a túa eZCard ou eZTag desde a app

Actívaa ao recibila, bloquéaa se a perdes e elimínaa cando xa non a necesitas. Todo desde a túa conta de Zunder.

Actívaa ao recibila

Introduce na app o código que vén coa túa eZCard ou eZTag e queda asociada ao teu perfil.

Bloquéaa se a perdes

Se non sabes onde está, bloquéaa ao momento desde a app para que non se poida usar.

Elimínaa cando xa non a uses

Se a perdiches, está rota ou queres deixar de usala, bórraa desde a sección eZCard e eZTag.

Só podes pedilo desde a app de Zunder

A eZCard e o eZTag pídense desde a Tenda da app. Desde aí elixes o formato, fas o pedido e recíbelo na casa.

Descarga ou abre a app de Zunder

Se aínda non a tes, instálaa e crea a túa conta. Se xa a usas, ábrea directamente.

Entra en Tenda

Dentro da app, abre a sección Tenda.

Pide a túa eZCard ou o teu eZTag gratis

Elixe o formato, completa o pedido e recíbelo na casa.

Código QR para descargar a app de Zunder Escanea para descargar a app

O que precisas saber

É gratis de verdade?
Si. A túa eZCard ou o teu eZTag gratis, con envío incluído. 0 €.
Cantos podo pedir?
Unha eZCard e un eZTag como máximo por usuario.
Funciona só en Zunder?
Non. A túa eZCard ou eZTag funciona en Zunder e en miles de puntos de carga doutras redes compatibles por toda Europa. Unha soa tarxeta, unha soa app, sen necesidade de rexistrarte noutras plataformas.
Podo pedilo se nunca usei Zunder?
Si. Está dispoñible tanto para novos usuarios como para usuarios existentes.
Preciso conta para pedilo?
Si. O pedido fáise desde a túa conta na app. Podes creala nuns minutos desde a propia app.
Desde onde podo pedila?
Desde calquera país de Europa. Fas o pedido na app e recíbela no enderezo que indiques.
Hai límite de stock?
Si. Dispoñible ata esgotar existencias.

Carteira ou chaves. Ti elixes.

Pide a túa eZCard ou o teu eZTag gratis na app de Zunder e elixe o formato que mellor encaixa contigo.

Pídeo gratis na app