Política de Privacidade e protección de datos

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en diante, RXPD), da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (en diante, LSSI-CE) e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, de calquera tipo, que nos faciliten os nosos clientes, de acordo co disposto no Regulamento xeral de protección de datos.

A Política de Protección de Datos de ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) descansa no principio de responsabilidade proactiva, segundo o cal o Responsable do tratamento é responsable do cumprimento do marco normativo e da xurisprudencia, sendo capaz de demostralo ante as autoridades de control correspondentes.

Os datos facilitados serán tratados nos termos establecidos no RXPD; neste senso, ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) adoptou os niveis de protección que legalmente se esixen, e instalou todas as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado por terceiros, expostos a seguir. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na internet non son inexpugnables.

Responsable do tratamento: quen somos?

Denominación: ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.)

CIF: A34277434

Enderezo: Calle Obispo Nicolás Castellanos 1 Ent. C Izq. 34001 Palencia, Palencia

Teléfono: 979 300 500

Correo electrónico: privacidad@zunder.com

Finalidade e lexitimación do tratamento. Por que e para que usaremos os seus datos?

Todos os datos facilitados polos nosos clientes e/ou visitantes na web de ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) ou ao seu persoal, serán incluídos en ficheiros —automatizados ou non— creados e mantidos baixo a súa responsabilidade, imprescindibles para prestar os servizos solicitados polos usuarios, ou para resolver as dúbidas ou cuestións formuladas polos nosos visitantes. A nosa política é non elaborar perfís sobre os usuarios dos nosos servizos.

A finalidade do tratamento é a seguinte:

Rexistrar os usuarios na aplicación (nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, teléfono, documento identificativo, enderezo postal, contrasinal e n.º de tarxeta de crédito) para a execución dun contrato ou precontrato (artigo 6.1, letra b, do RXPD).

Acceder á localización mediante xeolocalización do dispositivo (enderezo IP) baseado no consentimento do interesado (artigo 6.1, letra a, do RXPD).

Resolver consultas (nome, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto) baseado no consentimento do interesado (artigo 6.1, letra a, do RXPD).

Enviar comunicacións comerciais e/ou boletíns de noticias (nome, enderezo de correo electrónico, teléfono de contacto) baseado no consentimento do interesado (artigo 6.1, letra a, do RXPD).

Destinatarios: con quen compartimos os seus datos?

Non cedemos os seus datos persoais a ninguén, coa excepción daquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitarllos con motivo do cumprimento dalgunha lexislación. Por pór un exemplo, a Lei tributaria obriga a facilitarlle á Axencia Tributaria determinada información sobre operacións económicas que superen unha determinada cantidade.

No caso de que, á marxe dos supostos comentados, necesitemos dar a coñecer a súa información persoal a outras entidades, solicitarémoslle previamente o seu permiso a través de opcións claras que lle permitirán decidir a este respecto.

Comunicación: onde poderiamos enviar o seus datos?

Non realizaremos transferencias internacionais dos seus datos persoais para ningunha das finalidades indicadas.

Conservación: canto tempo conservaremos os seus datos?

Só conservaremos os seus datos persoais durante o tempo que resulte necesario para lograr os fins para os que foron recadados. Á hora de determinar o oportuno perigo de conservación, examinamos os riscos que comporta o tratamento, así como as nosas obrigas contractuais, legais e normativas, as políticas internas de conservación de datos e os nosos intereses de negocio lexítimos descritos no presente Aviso de Privacidade e na Política de Cookies.

Neste sentido, ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) conservará os datos persoais unha vez rematada a súa relación con Vde., debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivarse da relación mantida co interesado.

Unha vez bloqueados, os seus datos resultarán inaccesibles para ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.), e non serán tratados agás para a súa posta á disposición das Administracións Públicas, Xuíces e Tribunais, para a atención das posibles responsabilidades nadas dos tratamentos, así como para o exercicio e a defensa de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Seguridade: como imos protexer o seus datos?

Empregamos todos os esforzos razoables para manter a confidencialidade da información persoal que se trate nos nosos sistemas. Mantemos estritos niveis de seguridade para protexer os datos de carácter persoal que tratamos fronte a perdas fortuítas e a accesos, tratamentos ou revelacións non autorizados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza e os riscos aos que están expostos os datos. Non obstante, non podemos responsabilizarnos do uso que Vde. faga dos datos (incluído usuario e contrasinal) que utilice na nosa web. O noso persoal segue estritas normas de privacidade e no caso de que contratemos a terceiros para prestar servizos de asistencia, esiximos que respecten as mesmas normas e nos permitan sometelos a auditorías para verificar o seu cumprimento.

Os seus dereitos: que dereitos pode exercer como interesado?

Informámoslle que poderá exercer os seguintes dereitos:

Dereito de acceso aos seus datos persoais, para saber cales están sendo obxecto de tratamento e as operacións de tratamento levadas a cabo con eles;
Dereito de rectificación de calquera dato persoal inexacto;
Dereito de supresión dos seus datos persoais, cando isto sexa posible (por exemplo, por imperativo legal);
Dereito de limitación do tratamento dos seus datos persoais cando a exactitude, a legalidade ou a necesidade do tratamento dos datos resulte dubidosa, en cuxo caso, poderemos conservalos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito de oposición ao tratamento dos seus datos persoais, cando a base legal das indicadas que nos habilite para o seu tratamento sexa o noso interese lexítimo. ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) deixará de tratar o seus datos agás que teña un interese lexítimo ou sexa necesario para a defensa de reclamacións, cando proceda este dereito.
Dereito á portabilidade dos seus datos, cando a base legal que nos habilite para o seu tratamento sexa a existencia dunha relación contractual ou o seu consentimento.
Dereito a revogar o consentimento outorgado a ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.)

Para exercer os seus dereitos, pode facelo de maneira gratuíta e en calquera momento, contactando con nós no enderezo Calle Obispo Nicolás Castellanos 1 Ent. C Izq. 34001 Palencia, Palencia, ou escribindo un correo a privacidad@easycharger.es, achegando sempre copia do DNI.

Tutela de dereitos: onde pode formular unha reclamación?

No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, a través dalgún dos medios seguintes:

Sede electrónica: https://www.aepd.es
Correo postal: Agencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001, Madrid
Teléfono: 901 100 099 e 91 266 35 17
Formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos non implica ningún custo e non é necesaria a asistencia de avogado nin procurador.

Actualizacións: que cambios pode haber nesta Política de Privacidade?

ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) reserva para si o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou de xurisprudencia que poidan afectar o seu cumprimento.

Co obxecto de garantir o cumprimento da normativa sobre protección de datos de carácter persoal, ZUNDER (GRUPO EASYCHARGER S.A.) recibiu os servizos de consultoría e asesoramento por parte de ClickDatos.

 

Data da última actualización: 15/06/2022