O tempo que tarde o teu vehículo eléctrico en cargar depende principalmente de 3 factores

  • Capacidade da batería do teu vehículo
  • Potencia subministrada polo cargador
  • Enerxía que é capaz de aceptar o teu vehículo eléctrico

Un factor que cómpre ter moi en conta é que a maioría de vehículos eléctricos soportan altas potencias de carga ata chegar ao 80% da súa capacidade. Despois, a potencia decae para conservar a saúde da batería. Isto supón que se queremos cargar o noso vehículo a tope, o tempo de espera alongarase bastante.

Unha forma aproximada de calcular o tempo que tardará o noso vehículo en cargar é dividindo a capacidade da batería entre a potencia de carga.

Porén, os vehículos adoitan indicar nas súas pantallas interiores o tempo estimado de espera ata chegar á porcentaxe de carga que desexemos.