Se aínda non tes un vehículo eléctrico ou o tes desde hai pouco, é posible que non esteas moi familiarizado aínda cos diferentes conectores que existen para cargar un vehículo eléctrico.
Dependendo do modelo do teu coche e do tipo e lugar da carga utilizarás un conector ou outro.
Existen dúas conexións para as cargas rápidas en corrente continua:
- CHAdeMO, habitual en vehículos de orixe xaponesa, ofrece unha carga máxima de ata 100 kW
- CCS Combo, a máis habitual entre os vehículos eléctricos, e capaz de soportar potencias de ata 350 kW
Tamén existen conectores específicos para a carga semi-rápida ou carga lenta en corrente alterna:
- Tipo 1, que permite unha potencia máxima de 7,4 kW
- Mennekes ou Tipo 2, ao tratárense de enchufes trifásicos permiten levar máis cantidade de enerxía ata o vehículo. Admiten potencias de ata 22 kW se cargas en casa e ata 43 kW se cargas nalgún punto de carga da rede.